Praterías, praza de

Praterías, praza de

Praza situada ante a porta sur da catedral de Santiago de Compostela. De estilo barroco, divídese en dúas alturas unidas por unhas escaleiras realizadas polo arquitecto Simón Rodríguez (s XVIII) e conta no seu centro coa fonte dos Cabalos. Débelle o seu nome aos obradoiros de prata que se situaban nela xa desde a época medieval. Está pechada polo norte pola fachada de Praterías da catedral, polo sur pola Casa do Cabido, polo leste polo edificio do Banco de España e polo oeste pola fachada do Tesouro da catedral. Polo leste asómase un lateral da casa da Conga e nas súas proximidades atópase a Casa do Deán.

Palabras veciñas

pratense | pratería | Praterías, mestre das | Praterías, praza de | praticultura | prato | Prato