Pravda

Pravda
[PUBLIC]

Xornal soviético fundado en 1912 por un grupo de obreiros en Peterburgo. Tras sufrir varios peches na época dos tsares, converteuse en órgano oficial do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) e principal xornal da URSS. Publicado en 16 cidades rusas, era o único que saía todos os días e chegou a ter unha tiraxe de oito millóns de exemplares. Nel colaboraron os principais líderes comunistas (Vladimir I. Lenin, J. Stalin, V’aceslav M. Molotov ou Mikhail I. Kalinin). Coa introdución da liberdade de prensa en 1990 a súa tiraxe baixou e coa caída do PCUS iniciou o seu declive.