precesión
(< praecessĭōne)
-
s
f
Acción de avanzar ou de pasar adiante.
-
s
f
[FÍS]
Movemento harmónico que, seguindo unha superficie cónica, efectúa o eixe de rotación dun sólido non esférico, sometido a forzas de tracción exteriores. O balanceo que fai un trompo cando xira é un exemplo de precesión.
-
precesión dos equinoccios
[ASTRON]
Movemento retrógrado (cara ao oeste) do punto vernal (primeiro punto de Aries) sobre a eclíptica, que é consecuencia da precesión do eixe de rotación da Terra. O período deste movemento é de 25.800 anos, é dicir, de 50,27”/ano, e denomínase ano platónico. Descuberto por Hiparco de Nicea (s II a C) e explicada pola mecánica celeste, fai que o punto vernal cambie constantemente de posición no firmamento, e tamén de que cambie a estrela polar. Á precesión superponse a nutación.