preciso -sa
preciso -sa
(< lat praecisu)
-
adx
Que manifesta exactitude e rigor e non pode levar a erro.
Ex: Fixo unha medición precisa. É un reloxo moi preciso.
-
adx
Que é conciso, exacto e rigoroso, aplicado especialmente ao estilo ou á linguaxe.
Ex: Escribe de xeito preciso e ameno.
-
adx
Que é necesario ou indispensable para algo.
Ex: É preciso que me axudes. Era preciso que lavaras o traxe.
-
adx
Que é adecuado para algo.
Ex: Chegaches no momento preciso.
-
adx
Que coincide exactamente con algo.
Ex: Neste preciso momento ía saír.