predeterminación

predeterminación

(

  1. s f

    Acción e efecto de predeterminar.

  2. s f [RELIX/FILOS]

    Presciencia e decisión previa, por parte de Deus, de concorrer na realización dos feitos que integran o proceso do mundo e da historia e, máis particularmente, dos actos libres do home mediante os que este decide a súa salvación ou condena. Interpretouse de diversas maneiras na escolástica, tanto a partir dunha presciencia ou dunha ciencia mediana, como a partir dunha premonición física ou dun concurso simultáneo. Con todo, non deixa resoltos os problemas da liberdade do home e da última responsabilidade deste na decisión do seu propio destino.