predio
predio
(
-
s
m
[DER]
Herdade, terreo ou ben inmoble, sobre todo os situados no campo. En canto aos dereitos dun sobre outro, denomínase predio dominante o que ten ao seu favor algunha servidume e predio servente ao que a presta. Ao que sofre indirectamente unha servidume por atoparse entre un e outro denomínase predio intermedio.
-
predio alodial
[DER]
Inmoble que se ten en alodio.
-
predio urbano
[DER]
Terreo ou ben inmoble que está situado nunha poboación.
-
predio rústico
[DER]
Terreo ou ben inmoble, dedicado a uso agrícola, pecuario ou forestal, que se atopa fóra das poboacións.