prego

prego

(< 1 pregar)

  1. s m

    Marca que queda nun papel, tea ou outra cousa branda ao dobrala, en especial as que se fan dobrando unha tea varias veces, unha vez cara a un lado e outra cara ao outro, de xeito que vaia quedando unha parte sobre a outra.

    Sinónimos: dobrez.
  2. s m [GRÁF]

    Folla de papel que constitúe un formato básico e que, dividida pola metade, dá dous folios, e dividida en catro partes, dá catro cuartillas.

  3. s m

    Calquera outra folla de papel.

  4. s m [GRÁF]

    Conxunto de páxinas dun libro, impresas nunha mesma folla ou prego.

  5. s m

    Conxunto de papeis que van dentro dun sobre.

  6. s m [BOT]

    Parte da árbore onde se vai practicar un enxerto.