preguiceiro -ra
(< preguiza)
-
adx e s
Que ou quen ten preguiza.
-
adx
Que dá preguiza.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da orde dos xenartros, cunha lonxitude desproporcionada das extremidades en relación ao corpo, cabeza de moi pequeno tamaño e un dobre pelame de cor gris, con algas unicelulares incrustadas que lle dan unha cor verdosa para camuflarse. Son animais solitarios que pasan case todo o día durmindo, con movementos moi lentos e que se desprazan colgados polas ramas das árbores. Pertencen aos xéneros Bradypus, con tres dedos nos pés e nas mans, e a cola curta, e Choloepus, con tres dedos nos pés e dous nas mans e sen cola. Os dedos son sindáctilos, con unllas longas e curvadas que empregan para pendurarse das ramas.
-
reis preguiceiros
[HIST]
Derradeiros reis da dinastía merovinxia que a partir de Teodorico III de Borgoña-Neustria-Austrasia, abandonaron o exercicio do poder en mans dos mordomos de palacio. Os outros reis foron Clodoveo III, Khildeberto III de Neustria-Borgoña, Dagoberto III, Khilperico II, Teodorico IV e Khilderico III, quen foi destronado por Pipino I o Breve en 751.
Refráns
- O luns érgome o martes cálzome e o mércores vístome.
- O luns levántome e o martes arremángome.