preliminar

preliminar

(< pre- + liminar)

  1. adx

    Que precede a un asunto principal.

  2. s m

    Conxunto de actos que preceden e preparan algo. OBS: Adoita empregarse en plural.

  3. preliminares de paz [DER]

    Acordos entre dous estados belixerantes para fixar os criterios fundamentais que deben formar a restauración das súas relacións pacíficas.

  4. preliminares do proceso [DER]

    Formalidades que se deben cumprir na apertura do debate e que fan referencia á constitución das partes, á competencia territorial, á unión ou separación dos xuíces, ou á admisión de testemuños.

Palabras veciñas

prelegado | preleucemia | prélèvement* | preliminar | preliterario -ria | prelo | Prelog, Vladimir