Premio Barco de Vapor

Premio Barco de Vapor
[LIT]

Premio literario convocado anualmente pola Fundación Santa María, pertencente a Ediciones SM, co obxecto de promover a creación literaria de calidade para nenos. Creado en 1978 para obras en lingua castelá, a partir de 1984 convocouse tamén para libros en éuscaro, catalán e galego. O primeiro gañador do concurso en lingua galega foi Paco Martín, autor de Das cousas de Ramón Lamote. Tamén obtiveron este premio Darío Xohán Cabana (1993), Fina Casalderrey (1994), Xosé A. Neira Cruz (1997 e 1999) e Agustín Fernández Paz (2003).