preparar

preparar

(< lat praeparāre)

  1. v t
    1. Poñer unha cousa no estado de ser usada, aplicada, ou de cumprir unha determinada función.

      Ex: Preparou a cociña ao seu gusto. Preparou a terra para a sementeira.

    2. Facer todo o necesario para que se realice unha cousa.

      Ex: Prepararon todo para a festa.

    3. Previr ou dispor a alguén para unha acción futura.

      Ex: Preparouna para a mala noticia. Prepararon o enfermo para a operación.

  2. v t

    Estudar ou adestrar para superar unha proba.

    Ex: Preparouno para o exame.

  3. v pron
    1. Amañarse no aspecto físico.

      Ex: Preparouse para ir á cerimonia.

    2. Disporse para algo.

      Ex: Preparouse para facer as probas.

    3. Adoptar unha disposición de ánimo para unha situación que hai que afrontar.

      Ex: Prepárate para oír calquera cousa.

  4. v pron

    Encamiñarse a unha realización próxima.

    Ex: Prepárase unha tempestade.

Conxugar
VERBO preparar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preparo
preparas
prepara
preparamos
preparades
preparan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preparaba
preparabas
preparaba
preparabamos
preparabades
preparaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preparei
preparaches
preparou
preparamos
preparastes
prepararon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preparara
prepararas
preparara
prepararamos
prepararades
prepararan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prepararei
prepararás
preparará
prepararemos
prepararedes
prepararán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prepararía
prepararías
prepararía
preparariamos
preparariades
prepararían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prepare
prepares
prepare
preparemos
preparedes
preparen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preparase
preparases
preparase
preparasemos
preparasedes
preparasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preparar
preparares
preparar
prepararmos
preparardes
prepararen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
prepara
-
-
preparade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
preparar
preparares
preparar
prepararmos
preparardes
prepararen
Xerundio preparando
Participio preparado
preparada
preparados
preparadas