Prepireneos
Prepireneos
Serras máis próximas aos Pireneos axiais. Hai un Prepireneo setentrional dentro da conca do Garonne, e un Prepireneo meridional, na do Ebro. A zona de fricción entre ambas as dúas unidades tectónicas está ben desenvolvida entre o Pireneo axial central, onde predominan o granito e as lousas, e o Prepireneo meridional, con formacións calcarias.