presantificado -da
presantificado -da
(
-
adx
Que é santificado ou consagrado por adiantado.
-
misa/liturxia de presantificados
[RELIX]
Liturxia de comuñón, semellante a unha misa (pero sen consagración), para facilitar aos fieis a participación na eucaristía os días alitúrxicos en que non está permitida a celebración da misa. Comúngase con hostias consagradas anteriormente. En Occidente está restrinxida ao Venres Santo.