prestación

prestación

(< lat praestatĭōne)

    1. s f

      Acción e efecto de prestar ou de prestarse.

    2. s f [DER/ECON]

      Obriga que dimana da lei ou que, en virtude dun convenio, cumpre unha das partes.

    3. s f [DER/ECON]

      Imposto ou servizo esixible por unha autoridade competente.

    4. prestación patrimonial [DER]

      Medida administrativa de gravame sobre os bens particulares de carácter forzoso. Pode ser tributaria ou extratributaria.

    5. prestación persoal / [ECON/DER]

      Servizo persoal obrigatorio esixido pola lei. Foi empregada para construír camiños municipais e obrigaba aos veciños dunha poboación a realizar obras ou servizos de utilidade común. Proporcionábase un traballo persoal duns cincuenta e dous días ao ano, compatibles cos traballos agrícolas, dedicándolle unha xornada semanal.

    6. prestación persoal [HIST]

      Servizos ou traballos que os servos e colonos debían ao señor.

    7. prestación social ON [ADMON]

      Medida ofrecida pola Administración Pública para atender aos cidadáns en situacións de necesidade.

    8. prestacion social substitutoria [DER]

      Actividade, servizo ou obra de utlidade pública ou de interese xeral que os obxectores de conciencia realizaban en substitución do servizo militar obrigatorio.

  1. s m pl [TECNOL]

    Conxunto de calidades que caracterizan cuantitativamente as posibilidades dun avión, dun automóbil ou dunha motocicleta.