pretérito -ta

pretérito -ta

(< lat praeterĭtu, p pde praeterīre)

  1. s m [LING]

    Denominación xenérica do tempo verbal que, respecto ao presente de quen fala, expresa acción pasada, sen precisar o aspecto de duración ou de acabamento.

  2. pretérito de subxuntivo [port: pretérito imperfeito do conjuntivo]

    Tempo modalmente marcado -dependente dun referente pasado (Non se podía dicir que vivise mal), presente (Non creo que chegase) ou futuro (Cando o vexas, fai coma se non o coñeceses)- que indica unha acción que se produce simultánea ou posteriormente a outra (Díxolle que fose antes das tres). A forma de pospretérito (andara) funciona no galego falado e na lingua literaria como pretérito de subxuntivo. Pode, polo tanto, substituír a forma andase en todos os contextos en que esta apareza, sen que se perciba ningún cambio de significado. Morfoloxicamente o pretérito de subxuntivo presenta como característica, nos verbos regulares, o sufixo modo temporal /se/ para as tres conxugacións (and-á-se-mos, varr-é-se-mos, part-í-se-mos).

  3. pretérito perfecto/pretérito indicativo

    Tempo real en canto ao modo que expresa unha acción desenvolvida nun momento pasado (Celebraron o aniversario o sábado, O pintor Reimundo Patiño naceu en 1936). Tamén pode expresar unha acción anterior a un momento futuro (Cando chegue o sábado xa rematei o traballo) ou un momento anterior a outro pasado (Despois de moitos anos vino en Chantada e xa non o volvín ver máis). Pode empregarse metaforicamente para referirse a un feito inminente, presentado como se xa ocorrese (Xa te vin na feira!). Morfoloxicamente o pretérito indicativo presenta como característica, nos verbos regulares, a ausencia de sufixo modo temporal /º/ (and-a-º-mos, varr-e-º-mos, part-i-º-mos); a vogal temática é /e/ para a P1 (and-e-º-i) e /o/ para a P3 da CI (and-o-º-u); /i/ para a P1 de CII e CIII (varr-í-º-n, part-í-º-n), /e/ para a P3 da CII (varr-e-º-u) e /i/ para CIII (part-i-º-u).