pretoriano -na
(< lat praetoriānu)
-
[HIST]
-
adx
Relativo ou pertencente ao pretor.
-
dereito pretoriano
Parte do ius honorarium (dereito honorario) creado polos maxistrados que estaba formado polos editos pretorianos outorgados para corrixir ou ampliar o ius civilis (dereito civil).
-
edicto pretoriano
Edito que promulgaba o pretor ao acceder ao seu cargo no que indicaba as normas que ía seguir no seu goberno.
-
familia pretoriana
Familia que tivo un pretor entre os seus membros.
-
porta pretoriana
Porta que nos campamentos romanos se situaba ao inicio da vía pretoriana.
-
provincia pretoriana
Provincia romana gobernada por un pretor.
-
vía pretoriana
ía principal do campamento romano que se cruzaba coa quinta e que o dividía en catro partes. Estendíase desde a porta pretoriana ata a decumana.
-
adx
-
adx e s
m
Que ou quen formaba parte do corpo de garda do comandante do exército romano e, posteriormente, da garda persoal dos emperadores romanos, baixo o nome de garda pretoriana.
-
adx e s
Que ou quen pertence ao corpo de garda dun persoeiro importante.