primado
(< lat primātu)
-
s
m
[RELIX]
-
Título honorífico vinculado a unha sé arcebispal que comporta unha preeminencia sobre os metropolitanos ou bispos dun estado ou rexión. Na Igrexa Latina o título naceu por concesión papal e fundamentouse en razóns de orde histórica, demográfica ou política. A noción de primacía dos reinos hispánicos non foi ben definida ata 1088, cando o Papa Urbano II lla concedeu ao arcebispo da cidade de Toledo, amparándose no papel que tivera a cidade en época do reino visigodo. Esta concesión, que se mantén aínda, foi contestada en distintas ocasións por Tarragona (a partir de 1092) e polos metropolitanos de Braga (1143), Santiago de Compostela (1168) e Sevilla (1721). O Concilio Vaticano I (1869-1870) recoñeceu o título de primado ao arcebispo de Tarragona, sen prexuízo do de Toledo. Aínda que os documentos oficiais lle deron este título a Toledo, por acordo entre os dous arcebispos ningún deles usa o título nas relacións entre estes dous arcebispados. O arcebispo de Tarragona utiliza normalmente o título de primado de España e o de Toledo, o de primado das Españas.
-
Autoridade de Pedro no seo do colexio apostólico, transmitida aos seus sucesores na sé de Roma. Calisto I (220?) reivindicou para el a autoridade dada por Xesús Cristo a Pedro, pero nos tres primeiros séculos do cristianismo non se traduciu nunha xurisdición sobre as outras igrexas. León I puxo os piares da doutrina da primacía papal a partir da tradición sólida dos sepulcros dos apóstolos Pedro e Paulo e da capitalidade do Imperio Romano. Os grandes pais gregos e santo Agostiño, entre outros, recoñeceron na sé de Pedro unha plenitude de verdade. O exercicio do primado aumentou en Occidente a partir da época carolinxia e da ruptura con Oriente en 1054. No momento da perda do poder temporal, o Concilio Vaticano I formulou a doutrina do primado universal de xurisdición sobre os bispos e a da infalibilidade. Esta doutrina recibiu co Concilio Vaticano II o contrapeso necesario grazas á da colexialidade.
-
Abade xeral da orde beneditina que representa as diferentes congregacións ante a Santa Sé e goza dunha xurisdición, sobre todo nos mosteiros que non están federados nunha congregación ou provincia.
-
-
s
m
antaxe ou superioridade que algo ten respecto doutras cousas da súa especie.