primicia
primicia
(< lat primitĭae)
-
s
f
Primeiros froitos de algo, especialmente unha colleita. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
s
f
[HIST]
Dereito de recibir os primeiros froitos da terra ou do gando que os fieis ofrecían a Deus na persoa dos ministros da Igrexa. A diferenza do décimo, non tiña cantidade fixa e só se satisfacía unha vez ao ano. Foi suprimida por lei en 1837. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
s
f
Noticia ou feito que se ofrece ou se sabe por primeira vez e que constitúe unha novidade.