prior
(< lat priōre ‘o primeiro’)
-
s
m
[RELIX]
Superior ou prelado ordinario dunha comunidade relixiosa, na que non hai título abacial.
Confrontacións: abade. -
s
m
[RELIX]
Segundo prelado, despois do abade, dunha comunidade relixiosa.
-
s
m
[RELIX/HIST]
Superior de calquera convento dos cóengos regulares e das ordes militares.
-
s
m
[RELIX]
Dignidade que hai nalgunhas igrexas catedrais
-
s
m
[RELIX]
Párroco ou cura dalgunha parroquia.
Sinónimos: abade. -
gran prior
[HIST]
Dignidade superior ás demais de cada lingua na orde de San Xoán de Xerusalén ou do Hospital.
-
s
prior claustral
[RELIX]
Relixioso elixido polos membros da súa comunidade para gobernar, en nome do abade ausente, unha abadía en encomenda.
-
prior comendatario
[RELIX]
Beneficiario que goza das rendas dun priorado sen ter autoridade sobre os relixiosos que a integran.
-
prior conventual
[RELIX]
Superior dunha pequena comunidade separada dunha abadía.
-
prior conventual regular
[RELIX]
Prior que posúe unha autoridade efectiva sobre os seus relixiosos.