Pristis
Pristis
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes condritios, da familia dos prístidos, co corpo aplanado, que non adoita superar os 5 m de lonxitude, co morro prolongado nunha lámina plana, horizontal, que ten aos lados unha serie de dentes fortes e agudos, perpendiculares ao eixe da lámina, co que removen o lodo en busca do seu alimento e para atacar aos grupos de peixes. As especies deste xénero presentes en Galicia son P. pristis e P. pectinata.