prítano -na

prítano -na

(< grπρύτανις)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos prítanos.

  2. s m [HIST]

    Cada un dos cincuenta cidadáns que na antiga Atenas desempeñaban o cargo de conselleiro da bulé durante unha décima parte do ano. Adoitaban residir permanentemente no pritaneo e estaban presididos por un deles, elixido diariamente, que tiña as funcións de xefe de estado, presidía o consello e a asemblea, e era depositario do selo do estado e das chaves do templo onde se gardaba o tesouro.