privado -da

privado -da

(< lat privātu)

  1. p reg

    de privar ou privarse.

  2. adx

    Que carece de algo.

    Ex: Quedei privado da súa compaña.

  3. adx

    Que non pertence ao Estado nin se rexe polas decisións da autoridade.

    Ex: Rexe unha empresa privada.

  4. adx
    1. Que pertence a unha persoa ou a un pequeno grupo de persoas.

      Ex: Este é un camiño privado.

      Sinónimos: particular, particular.
    2. Que non depende do oficio ou cargo público de alguén.

      Ex: Nunca fala da súa vida privada.

    3. Que se fai ou está reservado a unha soa persoa, ou a un número determinado delas.

      Ex: Fixeron un acto privado.

  5. s m

    Persoa que goza do favor e confianza dunha persoa importante ou con poder, especialmente dun rei.

Frases feitas

  • En privado. Non publicamente, sen estraños.

Palabras veciñas

Pritzker, Premio | privacidade | privación | privado -da | privanza | privar | Privas