procesión
(< lat processĭōne)
-
s
f
-
Conxunto de persoas que desfilan ordenada e solemnemente con algún fin público.
-
[RELIX]
Cerimonia relixiosa ou litúrxica en que un grupo de eclesiásticos e fieis desfilan solemnemente polas rúas ou polo interior dunha igrexa, acompañando unha imaxe, unha reliquia ou un personaxe, mentres pregan, cantan ladaíñas ou salmos. Entre elas destacan as de Corpus e as de Semana Santa.
-
Conxunto de persoas, animais ou cousas que avanzan ordenadamente uns detrás doutros.
-
-
s
f
[RELIX]
Acción pola que, na doutrina trinitaria, o Espírito Santo procede do Pai e, en consecuencia, atributo que o distingue das outras dúas persoas. Baseado no Evanxeo de san Xoán, este atributo forma parte do símbolo niceno-constantinopolitano e foi desenvolvido polos pais capadocios. En Occidente engadiuse que o Espírito Santo procede igualmente do Fillo.
Frases feitas
-
Ir a procesión por dentro. Sentir algo, especialmente medo, desgusto ou pena, sen o dar a coñecer.
Refráns
- Ano de procesión, ano de benzóns.
- Dilín, dilón que pasa a procesión;dilín, dilón, que as doce logo son;dilín, dilán, que todos nela van; dilán, dilín, que ao cabo en non a vino
- Se a procesión "dos Dolores" sae, tamén saen as demais.