proceso
(< lat processu)
-
-
s
m
Conxunto de accións ou etapas sucesivas dun fenómeno natural ou dunha operación artificial.
-
s
m
[FILOS]
Serie de fenómenos, estados ou formas, polos que vai pasando un ser e que integran a súa continua e progresiva transformación, ou dos que é causa unha acción. Este concepto, contraposto á idea de substancia tivo, desde o s XVIII, unha ascendencia filosófica moi notable, relacionada coa ascendencia de doutrinas como a da evolución.
-
s
m
[PAT]
Evolución dunha serie de fenómenos ou lesións anatómicas relacionados cunha enfermidade.
-
s
m
[TECNOL]
Sucesión de fases que se repiten regularmente nun fenómeno ou nun procedemento industrial.
-
s
m
[TECNOL]
procedemento.
-
proceso cognoscitivo /
[PSIC/PEDAG]
Proceso de adquisición de coñecementos. Este termo usouse especialmente nos enfoques psicopedagóxicos de tendencia cognoscitivista.
-
proceso económico
[ECON]
Conxunto de estadios e actividades que, na súa constante e progresiva repetición, configuran o feito económico. Este conxunto está integrado por un proceso de produción dos bens (dun ben en concreto ou dunha totalidade de bens producidos) e por un proceso de distribución das rendas que corresponde aos diversos factores que interveñen no proceso de produción. O obxectivo da economía política é determinar a regularidade destes procesos e investigar as leis sociais que rexen o proceso económico.
-
s
m
-
[DER]
-
s
m
Conxunto de actuacións xurisdicionais, postas polo estado a disposición dos particulares ou del mesmo, nos diversos sectores de aplicación da lei. Hai procesos civís, penais, administrativos e laborais. O obxecto do proceso é a pretensión que se quere satisfacer: segue unha declaración de vontade, que implica un coñecemento do asunto (proceso de cognición), xa sexa a realización dun acto polo que se pode garantir a cognición previa da pretensión interposta (execución). A inobservancia das normas ou procedemento pode provocar a anulación do proceso e a súa revisión, se se fai recurso con tempo.
-
s
m
Conxunto de escritos en calquera causa civil ou penal.
-
proceso civil
Conxunto de actuacións xudiciais en que se debaten intereses regulados por normas de dereito privado. Ten por obxecto a aplicación coactiva das normas xurídicas privadas. Dada a gran variedade deles, os procesos civís poden subdividirse de acordo coas especialidades fundamentais de dereito substantivo privado que hai que aplicar no litixio.
-
proceso penal
Conxunto de actuacións xudiciais encamiñadas a descubrir as causas que concorren na perpetración dun delito e determinar a culpabilidade dos participantes. Comprende as actuacións do xuíz instrutor (sumario), as decretadas polo tribunal superior (rolo) no período do plenario, e as que son motivables pola interposición de recursos (recurso) contra a sentenza.
-
s
m
-
s
m
[INFORM]
Secuencia definida de operacións.