Proconsul
Proconsul
[PALEONT]
Xénero de simios, xa extintos, considerados actualmente pónxidos por ter o primeiro premolar cunha soa cúspide. Os primeiros restos encontráronse preto do lago Vitoria en 1926. Dunha altura que oscilaba entre a dun chimpancé pequeno e a dun gorila, segundo a especie, eran moi áxiles e podían desprazarse polas pólas das árbores e correr por terra coas catro patas. Vivían nas zonas boscosas do Mioceno Inferior.