procurador -ra
(< lat procuratōre)
-
s
Persoa que obra en representación e por poder legal doutra.
-
s
[RELIX]
Persoa encargada dos asuntos económicos, en certas comunidades e congregacións relixiosas.
-
s
[DER/HIST]
Representante das vilas na corte real de Castela e León durante a Baixa Idade Media. As cartas de procuración especificaban a súa actuación en asesoría e participación en asuntos extraordinarios, tratados de paz e votación de subsidios extraordinarios.
-
s
procurador da fe
[DER/RELIX]
Crego que efectúa as funcións civís ante o Tribunal da Rota Romana.
-
procurador de oficio
[DER]
Persoa designada por quenda e nomeada polo Ilustre Colexio de Procuradores, que representa nos xuízos civís os litigantes e nas causas penais os querelantes que obtiveron ou simplemente solicitaron o recoñecemento do dereito de xustiza gratuíta ou acusados que non empregaron o dereito a designar procurador.
-
procurador dos tribunais
[DER/HIST]
Persoa que, por oficio, representa nos tribunais a unha das partes, en virtude do poder legal recibido dela, facendo as peticións e outras dilixencias necesarias para a súa defensa.
-
procurador en Cortes
[DER/HIST]
Deputado nas Cortes no Estado español, a partir do Estatuto Real de 1834 e, durante o Franquismo, a través da Lei de Cortes de 1942, ata a Lei para a Reforma Política de 1977, para representar as distintas rexións españolas.
-
procurador xeral
-
[HIST]
Representante do monarca en todos os seus negocios. Durante o s XIII nomeábase un para cada un dos seus estados. Desde s XIV o cargo tendeu a vincularse con membros da familia real que reunían todas as procuradorías xerais, asistidos por un asesor e varios oficiais.
-
[HIST]
Representante do señor nos grandes territorios señoriais. No seu nome exercía a xurisdición baronial e a representación dos dereitos de carácter económico. Desde o s XVI tomou o nome de gobernador xeral.
-
[DER]
Fiscal xeral dun estado ou do máximo tribunal xurídico que exerce as funcións do ministerio público.
-
[RELIX]
Relixioso encargado dos intereses xerais da propia orde.
-
[HIST]
-
procurador real
[HIST]
Oficial real que estaba ao cargo da administración do patrimonio real, así como do cobro dos cartos debidos ao rei procedentes de dereitos reais ou confiscacións.
-
procurador síndico xeral
[DER/HIST]
Persoa que nos concellos promovía os intereses xerais do pobo e defendía os seus dereitos.