produto
(
-
-
s
m
Cousa producida.
-
s
m
[IND/TECNOL]
Cousa producida ou manufacturada nunha industria, eventualmente empregada noutra como materia prima.
-
s
m
[ECON]
Resultado dun proceso produtivo, no que se distingue o resultado esencial dun proceso completo de produción, ou produto principal, dos produtos secundarios e subprodutos que poden derivarse del.
-
s
m
[ECON]
Agregado que indica o valor total dos produtos finais elaborados nun estado, ou en calquera outro ámbito territorial, durante un tempo determinado, normalmente un ano.
-
produto interior bruto [PIB]
[ECON]
Produto agregado que coincide co produto nacional bruto (PNB), despois de deducirlle o producido polos factores nacionais situados no estranxeiro e engadirlle o producido polos factores estranxeiros situados no interior.
-
produto nacional bruto [PNB]
[ECON]
alor a prezos de mercado dos bens e servizos finais producidos nun estado durante un período de tempo determinado.
-
produto nacional neto [PNN]
[ECON]
alor a prezos de mercado da produción neta dun estado nun período de tempo determinado. O PNN coincide co produto nacional bruto (PNB), tras a dedución previa neste último dos bens de capital desgastados nos procesos produtivos ou amortizacións. Se en lugar de ser valorado a prezos de mercado o PNN se valora a custo de factores, obtense a renda nacional. A consideración destes agregados, principalmente do produto nacional, estivo máis ou menos presente en toda a historia do pensamento económico como en A. Turgot e F. Quesnay, nos procesos de circulacións dos fisiócratas, como A. Smith, e no concepto de fondo anual de David Ricardo.
-
produto social
[ECON]
Agregado que representa o valor da produción material bruta, nun período determinado, obtida no interior dun estado cun réxime de economía socialista. Considérase como produción material non só os bens físicos, senón tamén os bens intanxibles como o traballo intelectual.
-
produtos financeiros
[ECON]
Instrumentos formais de relación entre os prestameiros de fondos e os que os achegan ou son intermediarios (banca).
-
s
m
-
[MAT]
-
s
m
Resultado de multiplicar dous ou máis números ou dúas matrices, de efectuar o produto cartesiano de dous conxuntos ou, en xeral, de compoñer dous elementos dun conxunto segundo unha determinada lei de composición.
-
produto cartesiano de dous conxuntos
Dados dous conxuntos A e B, conxunto A × B formado por todos os pares ordenados (a, b) en que a? A e b? B.
-
produto escalar de dous vectores
Dados dous vectores a e b, número real a·b definido como o produto dos módulos de a e b polo coseno do ángulo que determinan: a·b = YaY YbY cos (a,b).
-
produto infinito
Dada a sucesión {u n }, sucesión {P n } o seu termo xeral vén dado pola expresión P n = u 1 u 2 ... u n . O produto infinito é converxente cando a sucesión {P n } é converxente, e é absolutamente converxente cando converxe sexa cal sexa a orde dos factores.
-
produto mixto
Dados tres vectores a, b e c, número (a, b, c) dado por (a, b, c) = a·(b=c), en que o signo = indica o produto vectorial. Xeometricamente representa o volume do paralelepípedo determinado polos vectores a, b e c.
-
produto tensorial
Dadas dúas aplicacións multilineais, f: E 1 × E 2 ×...× E p →K e g: F 1 × F 2 ×...× F q →K, aplicación f⊗g: E 1 × ... × E p × F 1 × ...× F q →K definida pola asignación (f⊗g)(x 1 ,...,x p , y 1 ,...y q ) = f(x 1 ,...,x p ) × (y 1 ,...y q ). Se os espazos E i e F j son de dimensión finita, a matriz asociada a f⊗g denomínase matriz produto tensorial das matrices asociadas a f e g.
-
produto vectorial de dous vectores
Dados dous vectores a e b , vector a = b o seu módulo é Y a = b Y = Y a Y Y b Y sen ( a , b ), en que sen ( a , b ) é o seno do ángulo que determinan as direccións de a e b , e a súa dirección é perpendicular ao plano determinado por a e b , e o seu sentido é tal que o triedro ( a , b , a = b ) sexa dextroxiro (é dicir, que o sentido de a = b é igual ao sentido de avance dun sacarrollas que, aplicado no punto de concorrencia de a e b , vai do primeiro ao segundo).
-
s
m
-
produto de fisión
[FÍS]
Cada un dos núcleos que se forman nun proceso de fisión.
-
produto de solubilidade
[QUÍM]
Constante propia dos electrólitos pouco solubles, relativa á disociación da molécula: C v+ + A v- ä v + C + + v - A - que é definida pola expresión K s = (a<J>C</J> + ) í+ · (a<J>A</J> - ) í- , en que a representa as actividades do anión e do catión, e í o número de anións e catións que se forman por cada molécula de soluto. O produto de solubilidade é constante a unha temperatura determinada, e a súa expresión pode ser deducida da teoría de Deybe-Hückel, aínda que xa foi introducida de xeito aproximado por W. Nernst en 1899. Na práctica, e dado o caso de substancias pouco solubles disoltas en auga pura, pode substituírse na súa expresión as actividades por concentracións. Xa que o produto de solubilidade rexe un equilibrio que se establece en solución saturada, pódense deducir do seu valor consecuencias de grande aplicación práctica respecto a procesos de disolución e precipitación.
-
produto de substitución
[QUÍM]
Substancia obtida a partir doutra mediante a substitución na súa molécula dun ou máis átomos polo mesmo número de radicais ou átomos diferentes.
-
produto estrela
[COMUN]
Produto líder de vendas e de aceptación dentro da gama dun mesmo fabricante.
-
produto químico
[QUÍM]
Produto que resulta dunha reacción ou dalgunha outra operación ou proceso químico.