Proel

Proel
[LIT]

Poemario escrito por Luís Amado Carballo, o único publicado en vida polo autor, que apareceu na revista Alborada en 1927. Algúns dos seus textos xa se publicaran en revistas e xornais como La Concordia, Galiza, Nós e A Nosa Terra. Esta obra vangardista, marcada pola corrente hilozoísta ou imaxinista e próxima ao ultraísmo e ao creacionismo, tivo un extraordinario eco nalgúns poetas da posguerra. Nela represéntase unha paisaxe, a galega, en que se personifican os elementos naturais, e onde a presenza do popular é unha constante. A natureza, animada e cun gran colorido, presenta trazos moi espirituais, panteístas e franciscanistas, como se dun cadro pictórico se tratase; a saudade, o amor e a identidade dos galegos como pobo son algúns dos temas que acompañan a natureza nesta viaxe poética. En canto ao estilo, o poeta emprega metáforas, sinestesias e epítetos.

Palabras veciñas

Produtor, El | produtora | proeiro -ra | Proel | proelastase | proemial | proemio