profanación
profanación
(
-
s
f
[RELIX]
Acción ou feito polo que se anula o carácter sagrado dunha cousa ou persoa. Esta posibilidade baséase no feito de que, para as relixións, o sagrado e o profano se exclúen mutuamente. Son casos de profanación a entrada nun templo en espazos reservados aos sacerdotes ou a desacralización ritual con que se volve ao uso normal un obxecto ou un lugar sagrado.
-
s
f
Acción ou feito que deshonra ou implica un uso indigno de algo respectable.