profecía

profecía

(

  1. [RELIX]
    1. s f

      Predición dunha cousa futura por inspiración divina. Orixinariamente indicaba a interpretación dun oráculo e a mesma palabra inspirada polo profeta. En Israel indicaba toda predición dun profeta.

    2. s f

      Espírito ou inspiración profética.

    3. s f

      Escrito en que consta a palabra dun profeta.

    4. profecías de Malaquías

      Documento presuntamente profético, escrito seguramente en 1590 e atribuído erroneamente ao monxe Malaquías de Armagh (1094-1148). Contén unha lista de epítetos aplicados aos papas desde Celestino II (1143-1144). As súas profecías foron moi veneradas e incluso os últimos papas adoitaron ser descritos nos seus termos, sobre todo Pío XII (pastor angelicus).

  2. s f

    Predición de algo futuro.

Palabras veciñas

profanar | profano -na | profase | profecía | Profecía do mar | profecticio -cia | Profelis