Programa Home e Biosfera
Programa Home e Biosfera
Nome científico:
[Man and Biosphere/MaB]
Programa da UNESCO que ten por finalidade o desenvolvemento, no marco das ciencias naturais e sociais, dunha base racional para a utilización e a salvagarda dos recursos da biosfera e para a mellora das relacións entre o ser humano e o medio, estudando non só o impacto humano no medio senón tamén as repercusións ambientais sobre a poboación humana. Foi promovido en 1970, durante a XVI Conferencia Xeral da UNESCO.