programación

programación

(

  1. s f

    Acción e efecto de programar.

  2. s f

    Preparación e establecemento dun programa.

  3. [COMUN]
    1. s f

      Conxunto de programas que ocupan todo o tempo de emisión dunha canle de radio ou televisión.

    2. programación enlatada

      Programación e publicidade gravada con anterioridade á emisión.

  4. s f [EDUC]

    Ordenación operativa dun conxunto sistemático de contidos de aprendizaxe, obxectivos educativos e actividades didácticas.

  5. s f [INFORM]

    Realización dun programa informático.

  6. programación económica [ECON]

    Conxunto de técnicas de racionalización da actividade económica que teñen por obxecto a determinación de medidas e periodificación que hai que aplicar en certos medios para a consecución dun obxectivo prefixado. Esta programación pode efectuala unha empresa privada ou un organismo estatal, dependendo do obxectivo e do alcance que vaian ter os seus resultados.

  7. programación matemática [MAT]

    Conxunto de procedementos matemáticos que se empregan para resolver problemas de óptimos condicionados, é dicir, aqueles que consisten en maximizar ou minimizar unha función numérica con diversas variables suxeitas a certas limitacións. Comprende a programación lineal, a cadrática e a dinámica.