progresión
(< latprogressĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de progresar.
Sinónimos: avance. -
[MAT]
-
s
f
Sucesión de números a 1 ,a 2 ,a 3 ,...,a n , chamados termos, en que cada un deles está relacionado co anterior segundo unha lei simple. Se cada termo é superior ao anterior, a progresión denomínase ascendente (ou crecente), e se é inferior, descendente (ou decrecente).
-
progresión aritmética
Progresión en que cada termo, a k , é igual ao anterior a k-1 , máis unha cantidade constante d que se denomina diferenza ou razón da progresión: a k =a k-1 +d. Un termo calquera, a n, pode ser calculado directamente mediante a fórmula a n =a 1 +(n-1)d.
-
progresión xeométrica
Progresión en que cada termo, a k , é igual ao anterior, a k-1 , multiplicado por unha cantidade constante r que se denomina razón da progresión: a k =a k-1 r. Un termo calquera, a n , pode ser calculado directamente mediante a fórmula a n =a 1 r (n-1) .
-
progresión harmónica
Progresión en que cada termo, a k, é o inverso do termo correspondente dunha progresión aritmética, b k : a k =1/b k .
-
s
f
-
s
f
[MÚS]
Sucesión simétrica de sons musicais segundo unha lei ou fórmula determinada.