progreso
(
-
s
m
Acción de ir para adiante.
Sinónimos: avance. -
s
m
[SOCIOL]
-
Proceso ascendente e positivo, mediante o que un ser, unha acción ou a humanidade en xeral pasa dun estado, forma ou grao a outro superior. Implica unha connotación claramente valorativa e cualitativa, ademais de cuantitativa.
-
Proceso de transformación da humanidade en xeral cara a unha situación que se supón sempre mellor e que pode ser definida ou non de xeito anticipado. Foi unha idea desenvolvida por intelectuais entusiasmados cos primeiros descubrimentos científicos e que confiaban nas capacidades ilimitadas da razón humana. Comezou a crerse que a humanidade progresaría indefinidamente, e que cada un dos estadios sucesivos ía ser mellor ca o precedente. A idea de progreso está moi ligada ao desenvolvemento económico, á modernización e á civilización.
-