prolepse

prolepse

(< grπρόληψις)

  1. s f [FILOS]

    Coñecemento anticipado á reflexión consciente dalgunha cousa no epicureísmo e no estoicismo.

  2. s f [LING]

    Anticipación gramatical dun elemento sintáctico que tería que ir colocado en posición posterior. Por exemplo: Unha proposta así, non a podo admitir.

  3. s f [LIT]

    Figura retórica que consiste en prever unha obxección ou ben alterar a orde lóxica dos acontecementos.

  4. s f [PAT]

    Desenvolvemento anticipado dun órgano, por causas naturais ou artificiais.

Palabras veciñas

prolapso | prole | prolegómenos | prolepse | proléptico -ca | proletariado | proletario -ria