proliferación
proliferación
(< proliferar)
-
s
f
[BOT]
Aparición dunha xema nun lugar non habitual. Xeralmente, as proliferacións danse nas flores, e orixinan novas flores ou novos brotes.
-
s
f
Produción rápida e repetida dalgunha cousa.
-
proliferación nuclear
[FÍS/BÉL]
Relación entre o desenvolvemento das centrais nucleares para a produción de enerxía eléctrica e a diseminación da tecnoloxía nuclear para finalidades bélicas a causa dos materiais empregados na fabricación de armas nucleares, o uranio 235 e o plutonio 239, este último un subproduto da combustión do uranio nas centrais nucleares.