Prometeo

Prometeo
[MIT]

Personaxe da mitoloxía grega, da raza dos titáns. Fillo de Xapeto e de Clímene, unha das oceánides, favoreceu os homes doándolles o lume arrebatado, por vinganza, a Zeus. Este castigouno atándoo a unha columna e mandándolle unha aguia para que lle devorase o fígado, que sempre se lle reproducía. Foi considerado o creador dos humanos, portador do lume e da sabedoría.

Palabras veciñas

prometazina | prometedor -ra | prometeico -ca | Prometeo | prometer | prometido -da | prometio