proporción

proporción

(< lat proportĭône)

  1. s f

    Relación dunha parte co todo ou dunha cousa con outra, en canto á magnitude, cantidade ou grao.

  2. s f

    Importancia ou intensidade de algo.

  3. [MAT]
    1. s f

      Igualdade de dúas razóns, fraccións ou cocientes. Na proporción a/b=c/d a e d chámanse extremos e b e c medios.

    2. proporción aritmética

      Igualdade de dúas diferenzas.

    3. proporción continua

      Sucesión de proporcións en que os sucesivos medios son iguais. Os termos dunha progresión xeométrica como 1, 2, 4, 8, 16,..., forman unha proporción continua: 1/2=2/4=4/8=8/16.

    4. proporción divina

      Proporción a/b=ö, onde ö é o número áureo


      FORMULA

  4. s f [ARTE]

    Relación matemática sistemática de dous elementos entre eles e con diversas partes dun conxunto, segundo un complexo de regras equivalentes ás métricas da poesía e da música, co obxectivo de producir un efecto de harmonía ou ben o de cinguirse a unhas normas teóricas ou a unhas convencións. Desenvolvéronse numerosos sistemas e teorías da proporción, entre os que cómpre destacar a teorización clásica fundamentada en Pitágoras, Euclides e Platón, formulada no módulo, no canon e na sección áurea, que determinou boa parte dos ciclos artísticos occidentais.

  5. s f [MÚS]

    Termo técnico da teoría musical medieval que servía para indicar as relacións entre os diferentes intervalos. Na notación denominada proporcional, as proporcións eran empregadas para crear diminucións ou aumentos dos valores de duración das figuras.

  6. s f pl

    Medidas de algo ou de alguén.

Palabras veciñas

propoñer | Propóntide | propor | proporción | proporcionado -da | proporcional | proporcionalidade