propulsor -ra

propulsor -ra

(< lat propulsōre)

  1. adx e s

    Que ou quen propulsa ou impele cara a adiante.

    1. s m [TECNOL]

      Órgano, máquina, motor, dispositivo, etc, que serve para propulsar un vehículo ou outro corpo no seo dun fluído. Con excepción do remo, a roda de pas, a vela solar, etc,  poden clasificarse en propulsores de hélice, de reacción e de foguete, segundo o sistema que empreguen.

    2. s m [ASTRON]

      propelente.

    3. s m [TECNOL]

      hélice.

    4. propulsor submarino [MAR]

      Aparato de remolque empregado polos mergulladores provistos de escafandro autónomo que consiste nunha caixa estanca en forma de torpedo, que contén unha batería, un motor e un redutor que accionan unha hélice propulsora.

  2. s m [ARQUEOL]

    Instrumento do Paleolítico utilizado para lanzar dardos ou frechas, que era empregado como unha panca e que aumentaba a forza do brazo.

Palabras veciñas

propulsante | propulsar | propulsión | propulsor -ra | prórroga | prorrogábel | prorrogable