prosperidade

prosperidade

(< lat prosperĭtāte)

  1. s f

    Estado do que é próspero ou do que prospera.

    Ex: A súa prosperidade débese ao traballo.

  2. s f

    Desenvolvemento favorable das cousas.

    Ex: Desexámosvos prosperidade e saúde.

  3. s f [ECON]

    Situación económica en que se prevé un aumento considerable da demanda, coa conseguinte previsión de mellores expectativas, que fai que a actividade económica se incremente a ritmos crecentes a fin de obter o produto necesario, para dar abasto á demanda crecente. Este proceso pódese manter ampliando a capacidade produtiva ou ben empregando a existente con máis intensidade, ata chegar á ocupación plena dos recursos. Os dous factores que cómpre estudar para coñecer a evolución específica desta situación son o acelerador e o multiplicador.