proteido -da
proteido -da
(< lat científico Proteus,xénero de anfibios)
-
adx
Relativo ou pertencente aos proteidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Anfibio da familia dos proteidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de anfibios urodelos que agrupa un xénero americano (Necturus) e un europeo (Proteus). Son píntegas que viven permanentemente en estado larvario, teñen branquias externas e o xénero americano presenta pulmóns moi reducidos. O xénero europeo é unha forma cega e completamente despigmentada que habita nas simas.