prótese

prótese

(

  1. s f [MED]
    1. Substitución dun órgano ou dunha parte dun órgano por unha peza ou un aparato especial que reproduce máis ou menos exactamente a parte que falta.

      Sinónimos: próstese.
    2. Peza ou aparato artificial implantado nunha prótese.

      Sinónimos: próstese.
    3. Parte da cirurxía que trata a prótese.

      Sinónimos: próstese.
  2. s f [LING]

    Adición ao comezo dunha palabra dun fonema non etimolóxico. Na evolución da lingua algunhas palabras patrimoniais apóianse nunha vogal e- cando comezan por s- líquido, tal e como xa acontecía no latín vulgar: SCHŎLA > escola, SCŪTU > escudo, STĒLLA > estrela, SPATHA > espada. Este mesmo procedemento é o que se utiliza modernamente para adaptar os estranxeirismos, principalmente aqueles que proceden do inglés: estándar

    Sinónimos: próstese.
  3. s f
    1. [RELIX]

      Preparación dos pans e do cáliz ao inicio da celebración eucarística, en diversas liturxias orientais.

      Sinónimos: próstese.
    2. [ARQUIT]

      Pequeno espazo construído ao lado da ábsida principal das igrexas paleocristiás, e aínda actualmente nas igrexas de rito bizantino, xeralmente no lado oposto ao diacónicon, formando unha ábsida menor, onde os fieis depositaban as ofrendas, que eran preparadas con vistas á misa.

      Sinónimos: próstese.

Palabras veciñas

proterozoico -ca | protervia | protervo -va | prótese | protesta | Protesta, La | protestante