protogótico -ca

protogótico -ca

(< proto- + gótico)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao protogótico.

  2. s m [ARQUIT]

    Estilo arquitectónico desenvolvido entre o románico e o gótico (finais s XII-comezos s XIII). Supuxo a introdución do arco apuntado, a progresiva desaparición de iconografía románica e un incremento do naturalismo e a humanización nas composicións. En Francia destacan a abadía de Saint-Denis, as catedrais de Sens e Chartres e o inicio de Notre-Dame de París. Na Península Iberica desenvolveuse coa obra do Mestre Mateo, que empregou bóvedas de cruzaría no Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela, e coa arquitectura cisterciense, caracterizada pola austeridade construtiva.