proustita
proustita
(< antropónimo J. L. Proust)
s
f
[MINERAL]
Sulfoarseniuro de prata, Ag3AsS3. Cristaliza no sistema romboédrico ou trigonal en cristais xeralmente prismáticos de forma hexagonal e tamén en masas compactas. É de cor vermella escura e atópase en moitas minas de prata de América do Sur, México e EE UU, e na Península Ibérica en Hiendelaencina (Castela-A Mancha).