prover

prover

(< lat providēre)

  1. v t

    Facer que alguén dispoña do que necesita.

    Ex: Provéronos de roupas de abrigo. Hai que prover o barco para a marea. OBS: Nalgunhas acepcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Non temos nada, pero Deus proverá.

    Sinónimos: abastecer, subministrar.
  2. v t
    1. Tramitar ou resolver un asunto.

      Ex: Proveron os medios para solucionar o problema. OBS: Nalgunhas acepcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Non te preocupes, que alguén proverá.

    2. [DER]

      Ditar un xuíz ou tribunal unha decisión, un acto resolutivo ou un aprovisionamento que non sexa a sentenza definitiva.

  3. v t

    Dar ou asignar un emprego, cargo ou posto.

    Ex: Proveron a sucursal con dous novos postos.

  4. v pron

    Abastecerse do que se necesita.

    Ex: Provéronse de leña antes da chegada do inverno.

Conxugar
VERBO prover
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
proveo
provés
prové
provemos
provedes
provén
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
provía
provías
provía
proviamos
proviades
provían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
provín
proviches
proveu
provemos
provestes
proveron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
provera
proveras
provera
proveramos
proverades
proveran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
proverei
proverás
proverá
proveremos
proveredes
proverán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
provería
proverías
provería
proveriamos
proveriades
proverían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
provea
proveas
provea
proveamos
proveades
provean
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
provese
proveses
provese
provesemos
provesedes
provesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prover
proveres
prover
provermos
proverdes
proveren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
prové
-
-
provede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
prover
proveres
prover
provermos
proverdes
proveren
Xerundio provendo
Participio provido/provisto
provida/provista
providos/provistos
providas/provistas