Provigo
Provigo
[PUBLIC]
Revista editada en Vigo a partir de maio de 1994. Subtitulouse “Boletín informativo de la Fundación Provigo y su Área”. Difundía as actividades desta fundación, así como a análise dos novos proxectos que afectan á cidade de Vigo e á súa área de influencia, que parten da posta en marcha do Plan Estratéxico de Vigo e a súa Área. Tamén incluía información sobre diversos sectores empresariais.