provisión
(
-
s
f
Acción de prover ou proverse.
Ex: Fixeron provisión de combustible para a viaxe.
Sinónimos: aprovisionamento. -
s
f
Conxunto de cousas que se gardan ou reservan para un fin, especialmente alimentos. OBS: Adoita empregarse en plural.
Ex: Aínda teñen provisión de auga para o verán. Foi comprar porque quedaron sen provisións.
Confrontacións: reserva. -
s
f
[DER]
Despacho ou mandamento expedido en nome do soberano por algúns tribunais para que se execute aquilo que foi ordenado.
-
[ECON]
-
s
f
Cantidade retida dos beneficios brutos dun exercicio para facer fronte a necesidades non determinadas pero posibles, como consecuencia da súa actividade, xeralmente a depreciación de certas partidas do activo.
-
provisión de fondos
Remisión de fondos que o librador dunha letra fai ao librado para que este a teña ao seu vencemento.
-
s
f
-
provisión real
[ARQUIV/HIST]
Documento real selado con cera, propio dalgunhas chancelarías reais.