prusiano -na
(< topónimo Prusia)
-
adx
Relativo ou pertencente a Prusia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante de Prusia.
-
s
m
[LING]
Lingua báltica do phylum indoeuropeo que se falaba antigamente en Prusia Oriental. Extinguiuse a finais do s XVII pola penetración do alemán. A principal fonte de coñecemento do antigo prusiano procede de tres catecismos da Reforma do s XVI, traducidos do alemán: o primeiro baseouse no Catecismo Menor de M. Lutero e o segundo é unha revisión do primeiro. O terceiro, o Encheiridion, foi traducido en 1561 por Abel Will. Tamén se conservan algúns restos en topónimos e antropónimos. Os textos en prusiano antigo, e en calquera outra lingua báltica, máis antigos estaban escritos nun vocabulario xermano-prusiano, o vocabulario Elbing, que se conserva nunha copia de 1400, escrito no dialecto prusiano meridional, en Pomerania. Outro vocabulario, aínda que máis pobre, é o compilado por Simon Grunau (1517 e 1526).