pseudoclementino -na

pseudoclementino -na

(

adx e s

Aplícase a algúns dos moitos escritos apócrifos que circulaban na primitiva Igrexa atribuídos a san Clemente I, concretamente as Homilías, os Recoñecementos, e os dos Epítomes, que soen datarse no s III. De tendencia xudeognóstica, e tamén influencias arianas, presentan a Xesús Cristo como o eón divino, revelado previamente a Adán e a Moisés. A escola de Tübingen considerounos un testemuño do suposto conflito entre os partidarios de san Pedro e os de san Paulo na Igrexa primitiva. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.