pseudoescorpión

pseudoescorpión

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos pseudoescorpións.

  2. s m [ANIMAL]

    Artrópodo da orde dos pseudoescorpións.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de artrópodos da clase dos arácnidos, con individuos de 1 a 7 mm, cos pedipalpos moi alongados e rematados en pinza, como a dos escorpións. De réxime alimentario carnívoro, atópanse baixo as pedras e cascas de árbores, entre a follada da terra e, incluso, entre papeis e libros vellos, como Chelifer cancroides.